Comezamos un novo curso!

 Xa levamos tres semanas de clases e vos contamos algunhas das cousas nas que andivemos a argallar.

Neste trimestre, por mor das obras, non teremos o patio dos columpios e mentres facemos o recreo onde están as árbores e o areeiro.





        

                     


Tamén celebramos os cumpreanos de Xian e Nicolás, que cumpliron nestes primeiros días de setembro.


  <



Tamén participamos nas primeiras sesións na aula de psicomotricidade, utilizando material diverso, facendo circuitos e xogos.





Ademáis, no primeiro día de clases, apareceu na clase un peluche, que resultou ser o monstro de cores, cunha mensaxe para nós. Debíamos resolver as pistas para atopar o conto que nos tiña reservado.




Tivemos que buscar por moitos sitios, debaixo das mesas, no cuarto de baño, nos diferentes recantos da clase....




E finalmente compoñer unha palabra coas letras que atopabamos en cada lugar, que estaban numeradas.
Así soubemos que o nome que se formou foi o de TATI, unha profe do cole e fomos a preguntarlle a ela se tiña algo do monstro de cores para nós.



Alí nos agardaba, na súa aula, ben gardadiño, o conto do Monstro de cores.




Tamén nestes primeiros días, participamos nunha actividade que a polbo Daría nos propuxo, anotar nun folio os libros que nos gustaría que houbese na biblioteca do cole.
Así, anotamos libros como os seguintes: "O gato con botas", de "Cars", libros máxicos, de amor, de Mickey, de cabalos, e tamén o Monstro de cores, que tanto nos gustou, que pensamos que debería estar na biblio do cole.



Ademáis de ir montando a aula pouco a pouco, falar moito, escoitarnos, empezar a asentar rutinas, facer alguns traballiños no papel, tamén tivemos tempo para explorar os distintos recantos da aula e divertirnos moito neles cos compañeiros.


















Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín