Facemos xelatina de laranxa
A semana pasada xuntámonos as dúas aulas de infantil para facer xelatina de laranxa. Finalmente, como non acababa de espesar de todo, foron para o conxelador e coa calor que facía, resultaron moi fresquiñas e apetecibles. Encantáronnos!!