Entradas

Mostrando entradas de marzo 4, 2023

A evaporación da auga

Imagen
A semana pasada atopamos na clase unha carta, que resultou ser do noso amigo o peixe Arco da Vella. Nela nos contaba que lle encantou como quedaron os nosos traxes de Entroido e nos felicitaba por contar o seu conto tan ben ao resto de compañeiros do colexio. Ademáis nos preguntaba "que cousas sabemos sobre a auga", que é o medio no que vive el. A profe foi anotando aquelas cousas que cada quen quixo contar aos demais.  A maioría falamos da praia, de que necesitamos auga para vivir, que morreríamos sen beber, que a veces nos ríos está sucia, que no mar podemos afogar...e moitas cousas máis, que vos contaremos noutra entrada.  Cando visitamos aos compañeiros de 5 anos o mércores, lles contamos o da carta e a profe leu todas estas ideas e coñecementos previos. Logo eles nos contaron a nós un pequeno experimento que fixeron, que consistía en comprobar como a auga se evapora cando quenta o sol. Nós o quixemos experimentar tamén e ese mesmo día alá nos fomos ao exterior do cole. B