A evaporación da auga

A semana pasada atopamos na clase unha carta, que resultou ser do noso amigo o peixe Arco da Vella.


Nela nos contaba que lle encantou como quedaron os nosos traxes de Entroido e nos felicitaba por contar o seu conto tan ben ao resto de compañeiros do colexio.


Ademáis nos preguntaba "que cousas sabemos sobre a auga", que é o medio no que vive el.


A profe foi anotando aquelas cousas que cada quen quixo contar aos demais. 
A maioría falamos da praia, de que necesitamos auga para vivir, que morreríamos sen beber, que a veces nos ríos está sucia, que no mar podemos afogar...e moitas cousas máis, que vos contaremos noutra entrada. 


Cando visitamos aos compañeiros de 5 anos o mércores, lles contamos o da carta e a profe leu todas estas ideas e coñecementos previos.



Logo eles nos contaron a nós un pequeno experimento que fixeron, que consistía en comprobar como a auga se evapora cando quenta o sol.



Nós o quixemos experimentar tamén e ese mesmo día alá nos fomos ao exterior do cole.
Botamos un pouco de auga no chan, marcamos o contorno onde estaba a auga cunha tiza






Dúas horas despois, ó voltar do patio fomos a comprobar se houbera algún cambio e o chan estaba seco!!!

A nosa auga tamén se evaporou e cando haxa suficientes gotiñas de auga nas nubes volverá de volta en forma de choiva.




Xa descubrimos dúas cousas da auga! que pode estar en estado líquido ou en forma de vapor.
E que cando se quenta se transforma en vapor de auga.


Anotaremos no noso mural!!!








Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín

Máis cousiñas do Samaín!