Entradas

Mostrando entradas de noviembre 11, 2022

A voltas coa chuvia

Imagen
Nesta semana pasada andivemos a enredar, falar e facer algunhas tarefas en torno á chuvia. Nunha sesión, pensamos de que maneira e con que materiais, obxectos e recursos podíamos facer o son da chuvia. Probamos co corpo, cos dedos, coas mans, con botellas casi cheas de auga, con rotuladores, botes pequenos e grandes, pezas, maracas.....e foron saíndo distintos sons, que todos podían corresponder á chuvia miudiña ou máis forte. Falamos das nubes, facendo as nosas hipóteses de por que chove. Posteriormente nun video descubrimos a explicación e comprobamos se estabamos no certo ou non. Vimos imaxes e fotografías de nubes no ordenador e as debuxamos com nós as percibimos. A profe púxolle un marco para facer unha fiestra, desde a que ver as nubes sempre que queiramos. Ademáis Xián propuxo que podíamos facer entre todos unha nube grande así que nos puxemos a elo. Fixemos moitas boliñas de papel de xornal e con cola as fomos pegando nunha cartolina. Con témpera branca e pincel démoslle un peq