A voltas coa chuvia

Nesta semana pasada andivemos a enredar, falar e facer algunhas tarefas en torno á chuvia.

Nunha sesión, pensamos de que maneira e con que materiais, obxectos e recursos podíamos facer o son da chuvia.

Probamos co corpo, cos dedos, coas mans, con botellas casi cheas de auga, con rotuladores, botes pequenos e grandes, pezas, maracas.....e foron saíndo distintos sons, que todos podían corresponder á chuvia miudiña ou máis forte.



Falamos das nubes, facendo as nosas hipóteses de por que chove.
Posteriormente nun video descubrimos a explicación e comprobamos se estabamos no certo ou non.



Vimos imaxes e fotografías de nubes no ordenador e as debuxamos com nós as percibimos.


A profe púxolle un marco para facer unha fiestra, desde a que ver as nubes sempre que queiramos.




Ademáis Xián propuxo que podíamos facer entre todos unha nube grande así que nos puxemos a elo. Fixemos moitas boliñas de papel de xornal e con cola as fomos pegando nunha cartolina.






Con témpera branca e pincel démoslle un pequeno toque branquecino, pero tamén queríamos que quedara un pouco gris como cando chove.






Tamén pintamos e picamos pingas de auga, que logo fomos pegando no noso mural do outono,

Así quedou!



Tamén fixemos a choiva con rotuladores e ceras en actividades de grafomotricidade.




Seguro que a próxima semana averiguamos algunha cousiña máis.

Xa vos contaremos!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor