Comezamos a MILLA DIARIA en Infantil
O venres pasado fixemos a nosa primeira "milla diaria" e resultou unha saída estupenda, ideal para descubrir as primeiras cores do outono. Este luns repetimos, e aproveitamos para recoller follas, castañas, landras... Deixamos algunhas fotos da andaina.