Entradas

Mostrando entradas de junio 3, 2024

Correlingua

Imagen
 A semana pasada participamos no correlingua. Na clase decidimos palabras que nos gustaría levar escritas no noso dorsal, e pensamos algunhas coas que nos podemos identificar ou que nos gustan: Xian....LARPEIRO Maryam...APERTA  Hugo....BEIZOS Joel....XOGUETÓN Dakota....XOANIÑA Leyre....AMIZADE Jean...CÓXEGAS  Noha...BOLBORETA  Anahí...ALOUMIÑO, Ánxela...AUXÓUXERE. Reunidos na Alameda, bailamos ó son da música, despois de facer unha pequena andaina e merendar. DENDE AQUÍ ATA ACOLÁ, GALEGO XA!!!

Excursión ao ecoparque Atalaia

Imagen
 Aquí vos deixamos algunhas fotos da excursión de fin de curso ao ecoparque ATALAIA. O alumnado de Infantil participamos en actividades relacionadas coa visita aos animais, xogos na natureza nos que nos convertimos en piratas, e prantacións. Xa despois de comer convivimos co resto de compañeiros de primaria tanto no parque de xogos como nunha pequena andaina ata o río.