Entradas

Mostrando entradas de enero 30, 2026

Con motivo do día da Paz coñecemos a Wangari Maathai

Imagen
  Hoxe celebramos na escola o día Escolar da non violencia e a Paz.  Nas aulas de Infantil investigamos en torno a unha muller moi especial, Wangari Maathai, que foi firme defensora das árbores e os bosques no seu país, Kenia.  Nas aulas, escoitamos un conto sobre a súa vida, vimos algunha información na pizarra dixital buscando en google e trasladamos a información máis destacada a un mural, que está exposto coas "Donas de sí" deste curso escolar.  Tamén plantamos sementes de flores que simbolizarán a partir de agora, na nosa "horta", valores de paz e solidariedade. Como a continua choiva non o permitiu, plantamos nunhas sementeiras para logo, máis adiante, cando broten e o tempo acompañe, trasladalas á nosa horta. Ademáis pintamos nunha camiseta branca o símbolo da paz, e hoxe a vestimos todos e todas e con elas postas bailamos unha danza que practicamos coa profe de música, Mabel.  Tamén lles contamos a todos as cousas que aprendemos sobre Wangari Maathai. ...