Con motivo do día da Paz coñecemos a Wangari Maathai

 Hoxe celebramos na escola o día Escolar da non violencia e a Paz. 

Nas aulas de Infantil investigamos en torno a unha muller moi especial, Wangari Maathai, que foi firme defensora das árbores e os bosques no seu país, Kenia. 

Nas aulas, escoitamos un conto sobre a súa vida, vimos algunha información na pizarra dixital buscando en google e trasladamos a información máis destacada a un mural, que está exposto coas "Donas de sí" deste curso escolar. 





Tamén plantamos sementes de flores que simbolizarán a partir de agora, na nosa "horta", valores de paz e solidariedade. Como a continua choiva non o permitiu, plantamos nunhas sementeiras para logo, máis adiante, cando broten e o tempo acompañe, trasladalas á nosa horta.






Ademáis pintamos nunha camiseta branca o símbolo da paz, e hoxe a vestimos todos e todas e con elas postas bailamos unha danza que practicamos coa profe de música, Mabel. 





Tamén lles contamos a todos as cousas que aprendemos sobre Wangari Maathai.

 










Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor