Visitounos unha muller policía
A semana pasada estivo a policía nas nosas aulas para contarnos moitas cousas do máis interesantes. Nas aulas de Infantil, foi Olaya quen nos contou as súas funcións, o que precisa levar para desenvolver o seu traballo, en que se desprazan e o importante que é chamar ó 112 ante unha emerxencia. Tamén se valeu dalgún video e obxectos que trouxo para ensinarnos.