INFANTIL 2- O Monstro de cores
Este comezo de curso participamos nunha proposta que partía do conto "O monstro de cores". Como contamos nunha entrada anterior, apareceu na clase o peluche do monstro coa cor verde, da calma e tamén o conto. A partir de ahí, foron xurdindo algunhas propostas como as seguintes: -Establecimos diálogos en torno ás emocións do conto- alegría, tristeza, enfado, medo, calma e amor. Cada quen contou en que situacións se sente así. -Creamos o noso mural do mosntro de cores, pintándoo con témpera de cores e acompañamos o mural cunha foto de cada un e o seu corpo debuxado. -Vimos imaxes na pizarra de persoas expresando ditas emocións, expresamos coa cara e co corpo cada unha delas, nos fotografiamos deste xeito para facer un cartel onde pegamos cada fotografía representando unha emoción na cor correspondente. -Confeccionamos a ruleta das emocións e cada mañá o encargado conta aos demais como se sente e coloca a súa foto na cor desa emoción. -Creamos o noso monstro ...