INFANTIL 2- O Monstro de cores

 Este comezo de curso participamos nunha proposta que partía do conto "O monstro de cores". Como contamos nunha entrada anterior, apareceu na clase o peluche do monstro coa cor verde, da calma e tamén o conto. A partir de ahí, foron xurdindo algunhas propostas como as seguintes: 

-Establecimos diálogos en torno ás emocións do conto- alegría, tristeza, enfado, medo, calma e amor. Cada quen contou en que situacións se sente así. 

-Creamos o noso mural do mosntro de cores, pintándoo con témpera de cores e acompañamos o mural cunha foto de cada un e o seu corpo debuxado.








-Vimos imaxes na pizarra de persoas expresando ditas emocións, expresamos coa cara e co corpo cada unha delas, nos fotografiamos deste xeito para facer un cartel onde pegamos cada fotografía representando unha emoción na cor correspondente. 







-Confeccionamos a ruleta das emocións e cada mañá o encargado conta aos demais como se sente e coloca a súa foto na cor desa emoción. 






-Creamos o noso monstro de cores coas regletas de cores. 


  

-Creamos o noso monstro xogando a tirar o dado e en función do número que saía lle facíamos tantos ollos, bocas, narices.....cada día o facía o encargado/a. Cando estiveron todos, decoramos o fondo con acuarelas.




-Creamos o noso monstro de cores con rolos baleiros do papel hixiénico. Cada quen elixiu a cor e a emoción que máis lle gustaba. 







-Visitamos aos compañeiros de 3 e 4 anos para contarlles a historia do Monstro de cores. 






Tamén completamos un pequeno dossier con diferentes actividades en torno ás emocións, relacionadas con contidos curriculares, letras, números, grafomotricidade, recortado... 

A verdade, familias, é que houbo un grande entusiasmo con esta proposta así como moita participación. De seguro que algunhas destas cousiñas vivenciadas sobre as emocións, nos axudarán a xestionalas en variadas situacións do día a día.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín