Como nos gusta ir á biblioteca do cole!
Semanalmente acudimos á biblioteca do cole. Alí a profe conta un conto, a veces debuxamos e escribimos libremente sobre esa historia, e sempre adicamos un rato longo a ver libros cos compañeiros. Algunhas veces tamén eliximos libros para levar a clase unha temporada. Ademáis, os nenos de primaria nos explicaron como podemos utilizar os separadores de libros, que eles fixeron para a biblioteca e estamos empezando a utilizalos.