Entradas

Mostrando entradas de enero 26, 2025

Participamos nunha INSTALACIÓN ARTÍSTICA inspirada no MAR

Imagen
  Esta semana, atopámonos na aula cunha carta misteriosa da polbo Daría na que nos invitaba a seguir unhas pistas ata chegar a unha sorpresa.  Tamén coa súa carta nos deixaba a MOCHILA VIAXEIRA, que este mesmo venres levou Jean, pois botamos a sortes na ruleta dos nomes e tocoulle a el.  Chegamos á conclusión que as pistas estarían por fóra da clase e buscando buscando...fomos atopándoas...ata chegar á 3ª planta do colexio.  Alí había unha gran creación montada con elementos naturais e con outros da escola ou de refugallo e cando estivemos un rato camiñando entre ela e observándoa nos dimos conta de que todo estaba relacionado co mundo mariño, polas cores, polos materiais e ó que recordaban.  Despois duns minutos empezamos a interactuar co material transformando a obra inicial. Foi moi relaxante e entretido.  Pasado un tempo de creación e desfrute, falamos da nosa experiencia con esta actividade e recollimos entre todos o material. Xa na aula cada quen debu...