Participamos nunha INSTALACIÓN ARTÍSTICA inspirada no MAR

 Esta semana, atopámonos na aula cunha carta misteriosa da polbo Daría na que nos invitaba a seguir unhas pistas ata chegar a unha sorpresa. 

Tamén coa súa carta nos deixaba a MOCHILA VIAXEIRA, que este mesmo venres levou Jean, pois botamos a sortes na ruleta dos nomes e tocoulle a el.


 Chegamos á conclusión que as pistas estarían por fóra da clase e buscando buscando...fomos atopándoas...ata chegar á 3ª planta do colexio. 






Alí había unha gran creación montada con elementos naturais e con outros da escola ou de refugallo e cando estivemos un rato camiñando entre ela e observándoa nos dimos conta de que todo estaba relacionado co mundo mariño, polas cores, polos materiais e ó que recordaban. 








Despois duns minutos empezamos a interactuar co material transformando a obra inicial. Foi moi relaxante e entretido. 




Pasado un tempo de creación e desfrute, falamos da nosa experiencia con esta actividade e recollimos entre todos o material. Xa na aula cada quen debuxou o vivido, reflexando no papel o que máis lle gustou.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor