Entradas

Mostrando entradas de febrero 25, 2024

O Entroido en Infantil

Imagen
  Nestas semanas de Entroido e nas previas, estivemos moi entretidos cun montón de actividades.  Por un lado viñeron as familias a confeccionar o disfraz con nós. Mirade qu e chulo quedou. Podedes ver as fotos  do proceso premendo na imaxe. Pintamos todos os transportes, estrada, nubes....que logo recortaríamos e pegaríamos o día do obradoiro do disfraz. Tamén decoramos unha bola de poliespan simulando a bola do mundo, pois a levaríamos nunha cinta na cabeza.  Falamos sobre a historia do loro Ravachol e fixemos algún traballiño. Tamén sobre o Entroido en distintos lugares de Galicia.  E participamos no desfile do venres 16. Percorremos a cidade infantil Príncipe Felie e tivemos algún que outro público que nos animaba.  Premendo na seguinte imaxe podes ver as fotos de cada un de nós individualmente.