En xuño despedimos aos compañeiros de 5 anos
Os nosos compis de 6º de Infantil, Joel, Hugo, Maryam, Dakota e Xian, remataron unha etapa no mes de xuño e en setembro comezaron 1º de primaria. Neses días de xuño andivemos a preparar a súa despedida. Tamén preparamos todo o necesario para a actuación no festival de fin de curso. Bailamos a "Danza china" de Tchaikovsky. Para iso precisamos uns gorriños e uns abanicos. E para a súa despedida preparamos algunhas cousiñas, como: As estrelas cos seus nomes para decorar o marco no que despois se puideron sacar fotos coas súas familias e amigos. Tamén confeccionamos uns marcos de fotos con depresores e os decoramos. Neles Ánxela pegou a foto dos compañeiros co seu gorro de graduación, que tamén confeccionaron eles. Tamén cada neno e nena fixo o seu gorro de graduación Bo comezo nesta nova etapa rapaces!!!