En xuño despedimos aos compañeiros de 5 anos

 Os nosos compis de 6º de Infantil, Joel, Hugo, Maryam, Dakota e Xian, remataron unha etapa no mes de xuño e en setembro comezaron 1º de primaria.

Neses días de xuño andivemos a preparar a súa despedida.

Tamén preparamos todo o necesario para a actuación no festival de fin de curso.

Bailamos a "Danza china" de Tchaikovsky.

Para iso precisamos uns gorriños e uns abanicos.




E para a súa despedida preparamos algunhas cousiñas, como:

As estrelas cos seus nomes para decorar o marco no que despois se puideron sacar fotos coas súas familias e amigos.


Tamén confeccionamos uns marcos de fotos con depresores e os decoramos. Neles Ánxela pegou a foto dos compañeiros co seu gorro de graduación, que tamén confeccionaron eles.




Tamén cada neno e nena fixo o seu gorro de graduación


Bo comezo nesta nova etapa rapaces!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor