Preparando a nosa actuación para o festival de fin de curso
Continuando coa temática da auga e o mar, pintamos e decoramos un submarino como o do capitán Nemo, dunha canción de Carlos Núñez que estamos ensaiando para o festival de fin de curso. Nos intercambios coa aula de 5 anos tamén tivemos oportunidade de desfrutar dun xigante barco que crearon con bloques de poriespan. Que ben o pasamos! Ademáis, para preparar a nosa actuación do festival de despedida, estamos practicando un baile coa canción "Capitán Nemo", de Carlos Núñez. Para a nosa actuación precisamos un timón cada un ademáis dun gorro de capitán. Aquí estamos traballando para confeccionalos. Unha vez rematados, Ánxela os pegou en cartón e os cortou cun cutter e mirade que chulos nos quedaron!! Co noso timón e noso gorro xa estamos listos para bailar!!! Pero...aínda queda moito que ensaiar!!