Preparando a nosa actuación para o festival de fin de curso


Continuando coa temática da auga e o mar,  pintamos e decoramos un submarino como o do capitán Nemo, dunha canción de Carlos Núñez que estamos ensaiando para o festival de fin de curso.





Nos intercambios coa aula de 5 anos tamén tivemos oportunidade de desfrutar dun xigante barco que crearon con bloques de poriespan. Que ben o pasamos!



Ademáis, para preparar a nosa actuación do festival de despedida, estamos practicando un baile coa canción "Capitán Nemo", de Carlos Núñez.


Para a nosa actuación precisamos un timón cada un ademáis dun gorro de capitán. 
Aquí estamos traballando para confeccionalos.






Unha vez rematados, Ánxela os pegou en cartón e os cortou cun cutter e  mirade que chulos nos quedaron!!




Co noso timón e noso gorro xa estamos listos para bailar!!! Pero...aínda queda moito que ensaiar!!











Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín