Entradas

Mostrando entradas de enero 29, 2025

DEGUSTACIÓNS MARIÑAS

Imagen
  GÚSTANOS O PEIXE! Non todo ía ser tocar ulir e xogar, tamén nos gusta probar! Na clase, probamos: SARDIÑAS, XARDAS E ATÚN en lata.  Pola súa banda, a profe ÀNXELA trouxo da casa uns MEXILLÓNS riquísimos e fixo PATÉ coa colaboración dos seus nenos e nenas. Tamén trouxo  XUREL, cociñado e sen cociñar. As dúas clases compartimos todo o que trouxemos e gustounos un mundo! Pasàmolo de medo!

XOGAMOS CON CUNCHAS MARIÑAS

Imagen
  DE QUE ANIMAL  MARIÑO É ESTA CUNCHA? "O MAR"  é o proxecto de Centro que traballamos neste curso.  Así que aproveitamos o tema  para traer ao cole diferentes tipos de cunchas e xogar a adiviñar a que animal pertencen. Vieiras, voandeiras, ameixas, berberechos, mexillóns e caracolas invitan a novos xogos na clase: Texturas, tamaños, formas,  cores, etc. Clasificamos, ordenamos, seriamos... se ata podemos ouvir o mar!

SAÍDA AO ACUARIO E O MUSEO DO MAR

Imagen
  VIMOS, TOCAMOS, ULIMOS... Co gallo da saída ao ACUARIO  E O MUSEO DO MAR, puidemos ver  moitos tipos de animais mariños, no acuario. Pero tamén poidemos ver, tocar e ulir algún deles, no museo. Seguimos a aprender facendo. Ata puidemos tocar o dente dun MEGALODÓN!!!

SEGUIMOS A MANIPULAR, EXPLORAR E APRENDER.

Imagen
  FARIÑA DE MANDARINA. Ao longo do outono, fomos gardando  mondas de mandarina para deixalas secar. Ao comezar o inverno, á volta do Nadal, convertemos esas mondas en fariña de mandarina usando unha picadora.  Foi un traballo por equipos.  E agora, xogamos facendo trasvases con vasos, cuncas e recipientes de diferentes tamaños.  Aí van as fotos.