Entradas

Mostrando entradas de enero 26, 2023

CONTO PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Imagen
  A raíz de ler o conto "Pequeno azul e pequeno amarelo", como nos gustou moito, Ángela propúxonos contarllo aos nenos e nenas de 5 anos, cando os visitásemos o mércores.  Tamén lles recitamos unha breve rima xesticulada sobre o frío. E logo por suposto, sesión de baile!!! Ademáis, na clase fixemos unha sesión de arte na que utilizando auga e papel seda de cor azul e amarela, creamos unha composición nunha cartulina, observando que pasaba cando se xuntaban. Unha vez secou, quitamos os papeis e descubrimos que a cor quedara na cartolina e que ademáis cando se misturaban estas dúas cores aparecía a cor verde, igual que no conto cando se abrazaban os amigos. Como noutra sesión contamos o conto "O peixe Arcodavella", o cadro que creamos con estas cores sería un fondo perfecto para representar o mar. Pegamos algún anaquiño de papel celofán azul e uns peixes de cores ós que lles debuxamos escamas, ollos e algún incluso dentes. + Noutra sesión tamén probamos a ver a transf