Entradas

Mostrando entradas de diciembre 19, 2022

Decorando e creando no Nadal

Imagen
Esta semana continuamos cos traballos e decoración navideña. A profe Lourdes fixo un enorme mural cun tren que cada unha das aulas tiñamos que encher, ben cargadiño polo Nadal. Nós estivemos observándoo e falando sobre con que cousas encher o noso vagón: caramelos, piruletas, lazos, corazóns, xoguetes, paquetes de regalo.... Como varios coincidimos e poñer chuches e caramelos, así fixemos. Tamén fixemos unha visita polos corredores da pranta de arriba para ver a decoración navideña das portas e paredes. Gustounos moito!! Aproveitamos para sacar unha foto todos xuntos coa paisaxe de Nadal que temos na entrada á escola. Tamén pintamos unhas cartolinas redondas para convertilas en bolas xigantes de Nadal que pendurarían do teito do corredor. Creamos un boneco de neve en papel, debuxando cada quen unha parte. E fixemos unha postal conxunta, debuxando cada un unha cousiña. e así quedou! E rematamos as nosas, que levaremos para casa. Dentro das nosas tarxetas escribimos felicitando o Nadal,