Esta semana continuamos cos traballos e decoración navideña.
A profe Lourdes fixo un enorme mural cun tren que cada unha das aulas tiñamos que encher, ben cargadiño polo Nadal.

Nós estivemos observándoo e falando sobre con que cousas encher o noso vagón: caramelos, piruletas, lazos, corazóns, xoguetes, paquetes de regalo.... Como varios coincidimos e poñer chuches e caramelos, así fixemos.

Tamén fixemos unha visita polos corredores da pranta de arriba para ver a decoración navideña das portas e paredes. Gustounos moito!!
Aproveitamos para sacar unha foto todos xuntos coa paisaxe de Nadal que temos na entrada á escola.
Tamén pintamos unhas cartolinas redondas para convertilas en bolas xigantes de Nadal que pendurarían do teito do corredor.

Creamos un boneco de neve en papel, debuxando cada quen unha parte.
E fixemos unha postal conxunta, debuxando cada un unha cousiña.
e así quedou!
E rematamos as nosas, que levaremos para casa.
Dentro das nosas tarxetas escribimos felicitando o Nadal, copiando dun modelo.
En función da nosa madurez, os máis maiores copiamos todas as letras e os máis pequenos as representamos de diferentes xeitos en función do ritmo evolutivo de cada un.
Tamén coloreamos moitos adornos de Nadal, nos que primeiro debíamos repasar diferentes formas e así traballar ao mesmo tempo a grafomotricidade e o trazo.
Tamén confeccionamos as portadas dos traballos, con motivos navideños.
Comentarios
Publicar un comentario