Entradas

Mostrando entradas de noviembre 14, 2023

Infantil 2- algunhas actividades do Samaín

Imagen
  Xa vos contamos algunhas actividades de Samaín nas que participamos.  Ademáis, na aula:  -Decoramos a nosa porta : fixemos unha choiva de ideas sobre como podiamos decorala e como foron moitas as ideas, decidimos plasmalas todas:bruxas, pantasmas, bocas terroríficas, esqueletos, calaveras, o monstruo de cores negro, arañas....  -Visitamos a zona das cabazas decoradas polo alumnado nas casas para miralas todas e tamén nos sacamos fotos coas nosas. -Xogamos a facer feitizos, sacando palabras e imaxes ao chou e rematándoos con frases rimadas que tiña preparadas Ánxela. Os pegamos todos ao lado da nosa pota coa receita da pócema que fixemos e sempre que nos apetece imos a este recanto a recitalas. Como teñen as imaxes é moi doado!  Días despois, engadinos a este recanto debuxos de Harry Potter, unha persoaxe sobre a que estamos empezando a investigar. -Deseñamos e decoramos cabazas para decorar o corredor    -Creamos monstros pintando manchas negras cos pinceis e a témpera.  -Decoramos b