Xa vos contamos algunhas actividades de Samaín nas que participamos.
Ademáis, na aula:
-Decoramos a nosa porta : fixemos unha choiva de ideas sobre como podiamos decorala e como foron moitas as ideas, decidimos plasmalas todas:bruxas, pantasmas, bocas terroríficas, esqueletos, calaveras, o monstruo de cores negro, arañas....
.jpg)
-Visitamos a zona das cabazas decoradas polo alumnado nas casas para miralas todas e tamén nos sacamos fotos coas nosas.
-Xogamos a facer feitizos, sacando palabras e imaxes ao chou e rematándoos con frases rimadas que tiña preparadas Ánxela. Os pegamos todos ao lado da nosa pota coa receita da pócema que fixemos e sempre que nos apetece imos a este recanto a recitalas. Como teñen as imaxes é moi doado!

Días despois, engadinos a este recanto debuxos de Harry Potter, unha persoaxe sobre a que estamos empezando a investigar.
-Deseñamos e decoramos cabazas para decorar o corredor
-Creamos monstros pintando manchas negras cos pinceis e a témpera.

-Decoramos bricks de leite para crear unha cesta para os gusaniños da película que vimos no auditorio. Ademáis nos servirá de cesta para as castañas asadas. Só teremos que engadirlle algún elemento maís na decoración.
Para decorar a cestiña picamos morcegos. Con eles temén decoramos a zona da pócema e os feitizos.
Comentarios
Publicar un comentario