Entradas

Mostrando entradas de marzo 24, 2024

Día da MULLER en Infantil

Imagen
  En días previos á data do Día Internacional da Muller, estivemos a falar nas aulas sobre as mulleres da nosa vida e tamén vimos algúns videos e nos informamos sobre algunhas mulleres importantes, tanto galegas, como do mundo enteiro, que coa súa contribución, fixeron da Terra un lugar mellor.  Tamén debuxamos á muller máis importante das nosas vidas, despois de explicar por que e algunhas cualidades delas,  e o día 8 pegamos os nosos traballos xunto cos do resto do compañeiros do cole nun mural conmemorativo para esta data.