Pintamos con cacao, pimentón, remolacha e cenoria.
Nestas semanas andivemos a experimentar e comprobar que podemos utilizar algúns alimentos para obter pintura e facer creacións artísticas. Utilizamos CACAO, PIMENTÓN, CENORIA E REMOLACHA e foi moi divertido e nalgúns casos sorprendente ver como dalgúns destes alimentos podía saír pintura. Xogamos a adiviñar de qué froita ou hortaliza se trataba e tamén probamos a cenoria e a remolacha cocidas. O pimentón cheiraba moi forte e co cacao por suposto entráronnos ganas de botar o pince á boca. Pintamos castañas co caco e o pimentón e logo creamos libremente cadros con estes dous alimentos e coa remolacha e a cenoria creamos fondos nos que pegar despois a castaña cando secara.