Pintamos con cacao, pimentón, remolacha e cenoria.

 Nestas semanas andivemos a experimentar e comprobar que podemos utilizar algúns alimentos para obter pintura e facer creacións artísticas. 

Utilizamos CACAO, PIMENTÓN, CENORIA E REMOLACHA e foi moi divertido e nalgúns casos sorprendente ver como dalgúns destes alimentos podía saír pintura. 

Xogamos a adiviñar de qué froita ou hortaliza se trataba e tamén probamos a cenoria e a remolacha cocidas. O pimentón cheiraba moi forte e co cacao por suposto entráronnos ganas de botar o pince á boca. 




Pintamos castañas co caco e o pimentón e logo creamos libremente cadros con estes dous alimentos e coa remolacha e a cenoria creamos fondos nos que pegar despois a castaña cando secara.











Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor