Máis propostas de outono

 

Como estes días seguimos a falar da choiva, fixemos unha sinxela manualidade para representala.

Primeiro picamos en cartolina unha nube, á que logo cada quen lle deu vida debuxándolle ollos, nariz, boca...



Despois pintamos un rolo de papel hixiénico con témpera e pincel.




E por último pegamos cintas de papel de seda e celofán de diferentes tonos que recordasen á chuvia.




E así de contentos marchamos para casa coa chuvia!!





E seguimos con creacións plásticas! Esta semana tamén fixemos a cestiña para as castañas. Usamos botes de leite baleiros.

Pegamos neles papel de xornal para despois pintar por riba cunha cor de témpera elixida por cada quen.  E logo pegamos as letras dos nosos nomes e eliximos algúns debuxos para colorear e pegar nela: cabazas, uvas, castañas, pantasmas, bruxas...









Olvidámonos de sacar fotos ás cestiñas pero quedaron moi chuliñas e moito xogamos con elas na clase nos momentos de xogo simbólico...ademáis o día do magosto puidemos enchelas de riquísimas castañas asadas!!



Antes de comer as castañas participamos nalgúns xogos que a mestra de psicomotricidade e educación física organizou: encestar a castaña, seguir un camiño marcado arrastrándonos e lanzando co dedo a nosa castaña...















Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín