Este xoves 21 participamos no Correlingua, actividade a través da cal se quere poñer en valor a nosa lingua e coa que se participa tanto nunha andaina pola cidade como nun concerto en música galega; nesta ocasión, a cargo do grupo Sniffandcrash.
Baixo o lema "Co galego no corazón, facemos a revolución" camiñamos pola cidade ó son de gaitas e tambores e repetindo esta frase tan inspiradora.
Cada persoa participante levamos un cartel ilustrado e decorado cunha palabra en galego. No noso centro escollimos palabras relacionadas co noso proxecto e en infantil nomes de animais que viven no bosque e no campo.
Tamén confeccionamos na escola uns instrumentos de percusión para acompañar a festa: en infantil fixemos unhas castañuelas con cartón e macarróns e unhas maracas.
Este ano ademáis visitounos un dragón moi especial, que en vez de botar lume botaba auga e a verdade que coa calor que facía, sentounos de maravilla mollarnos.
Pasámolo moi ben, tanto na camiñada como logo no concerto.

Comentarios
Publicar un comentario