Desde a volta das vacacións de Semana Santa, xa metidos na primavera, andivemos moi ocupados decorando o vestíbulo, as portas e as clases con motivos primaverais.
Na clase dos maiores, de 5 anos, decoraron a súa porta dun xeito espectacular: moi colorida e con moito traballo minucioso onde as habilidades de motricidade fina tiveron un papel importante: cortaron fieltro, para facer insectos, arrugaron, rasgaron, pintaron con diferentes técnicas, crearon en plastilina bechos, flores...e quedoulles unha porta moi moi artística e primaveral.
Estes rapaces e rapazas son uns artistas!!
A zona de árbores tamén a encheron de bechos variados feitos con plastilina.
Na clase dos de 3 e 4 tamén andiveron a argallar unha nova porta. Deixaron a choiva e cambiaron os tronos por soles e así de súpeto apareceu un enorme arco da vella que eles se encargaron de pintar. Tamén decoraron unhas flores con moito xeito.
Ademáis, puxéronse mans á obra cun novo mural, cheo de flores, bolboretas e bechos feitos con plastilina, como os bechos pao ou as formigas.
Coa festa dos maios, non podían faltar uns debuxos e cadros que representen a alegría desta celebración.
Nas aulas tamén estamos versionando algúns cadros referentes á primavera.
.jpeg)
Os compañeiros de 5 anos tamén traballaron coas simetrías cos insectos e saíron verdaderas maravillas entre tanto bicherío.
Tamén decoramos a nosa fraga con follas verdes que brotaron coa chegada da primavera.


Comentarios
Publicar un comentario