Experimentando coas follas

 Esta semana levamos a cabo un pequeno "experimento" con follas de árbores.

Clasificadas as follas por cores,



por parellas cortamos pedaciños de cada cor, verde, marrón, vermella, laranxa e amarela e eses pedaciños os fomos metendo nun tarro de cristal.







Despois a profe Ánxela botou en cada tarro alcohol e tivemos que remenxer cun pauciño e machucar un pouco as follas.






Tapamos os tarros e quedaron un rato en repouso e ó vir do recreo, metimos en cada tarro varias cartolinas brancas.



Falamos e pensamos sobre o que sucedería coas cartolinas e que nos atoparíamos ó día seguinte ó volver á escola.


-Un compañeiro dixo que sairía o arco da vella nas cartolinas. A razón, porque era unha boa teoría e a el lle gustaría que sucedese.
-Outro compañeiro dixo que igual se transformaban en boliñas todas as cartolinas.
-Outra compañeira dixo que seguro que o arco da vella estaría tanto nas cartolinas como nas follas do tarro.


O caso é que ao resto de compañeiros lles encantou a teoría do arco da vella e estiveron dacordo en que iso é o que sucedería.


Ó día seguinte ó chegar a clase comprobamos que todas as cartolinas estaban impregnadas da cor das follas do tarro aínda que apenas se apreciaba en algunhas. Pero as do tarro da folla verde eran as máis bonitas e tiñan varias cores, aínda que non eran todas as do arco da vella.


Recordamos os pasos que levamos a cabo, pq despois tiñamos que secuencialos, ordenalos en papel utilizando fotografías de cada paso.
E tamén representamos o resultado final debuxándoo.








Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín