Nestas semanas andivemos moi atarefados volvendo ás distintas rutinas, espazos, tempo e adaptándonos tamén ós novos mestres e compañeiros, xa que temos dúas novas compis no grupo de 5 anos, Reyan e Ainoha.
Cada día ó entrar, levamos a cabo unha serie de rutinas, que desenvolve o encargado, que nos axudan a centrarnos no día e no que imos facer.
No primeiro día fixemos un xogo a partir do conto dunha xoaniña, e debíamos levar a cabo unhas probas con accións coidadosas cara algún compañeiro (dar unha aperta, chocar as cinco, dicirlle algo bonito), e estaban agochadas en xoaniñas de chocolate. Tiñamos que superar as probas para conseguilas.
Foi moi divertido!
Nas rutinas facemos algúns xogos e actividades, como o recanto da palabra favorita, que o levan a
cabo os compañeiros de 5 anos.

Buscamos e colocamos as tarxetas correspondentes ao día da semana, día do calendario, tempo atmosférico, estación e ano.
Contamos cantos nenos e nenas hai na clase, diferenciando en que grupo hai máis.

Montamos o nome con letras móviles. Nos debuxamos.
E moitas actividades máis, que imos cambiando e variando: como por exemplo tirar o dado para ver que tipo de liña trazar na nosa xoaniña e de que cor. Cada trazo e cada cor corresponde a un número.

Outro momento especial é o do patio, no que interactuamos cos compañeiros de Infantil 1 e ademáis temos un tempo para xogar no areeiro e coas motos, bicis e patinetes.

Nas primeiras semanas tamén dialogamos e reflexionamos sobre as normas que deben rexir a convivencia na aula e que así poidamos ter un ambiente de calma e tranquilidade e unha clase limpa e ordenada.
Establecimos as normas, as dramatizamos e lle fixemos fotos a cada unha delas e as trasladamos a un mural acompañadas dun breve texto, e as temos nun lugar visible coa nosa amiga a xoaniña.

Ademáis, cada un de nós levou para casa unha manualidade dun marcapáxinas xigante cunha xoaniña e as normas representadas a través de símbolos.
O obxectivo era que as puidésemos explicar ás familias e educadores.
Comentarios
Publicar un comentario