Celebramos o día do libro

 Na semana do día do Libro levamos a cabo algunhas actividades.


Os compañeiros de 5 anos, nos explicaron por que se celebra esta data e nos amosaron o seu mural de Don Quixote e nos contaron moitas cousas interesantes.


Ademáis, cada un de nós falounos do seu libro ou conto favorito: Polo Pepe, Cocorico, Carapuchiña, Os tres porquiños, A cebra Camila, Caramuñas, e historias de Barbie foron os escollidos.
Pintamos as portadas destes contos e tamén fixemos a nosa versión.
Días despois se pendurarían todos polo colexio.



Tamén preparamos uns marcapáxinas para agasallar aos nosos "padriños lectores", que o 24 de abril nos leron a cada un de nós un conto.



E tamén recibimos a visita da nai de Sofía e de Ángel, de 5 anos, que viñeron contarnos contos.




Desfrutamos moito pois nos gustan moitísimo os contos así que desexando que outras familias se animen tamén a visitarnos!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín