Chegou a primavera á nosa aula


 No noso calendario dixital temos marcado o comezo da primavera.



Tamén no da aula o marcamos cun icono dunha flor.
Xa metidos noutra estación, desfixémonos da nosa árbore do inverno e despois de dialogar sobre como decorar ese espazo, puxémomos a traballar para logralo.

Nunha sesión de arte pintáramos libremente coas témperas de cores e cando secaron, utilizamos ese fondo para pegar nel flores que pintamos con ceras.





Tamén pintamos unhas flores xigantes que a profe debuxou, coas que tamén decoramos esa zona.








Ademáis tamén pintamos flores coas mans para o mural da primavera do corredor no que participaron o resto de compañeiros.





Noutra sesión estampamos con botellas de plástico, facendo flores coas estampacións.














Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín