8M DÍA DA MULLER

 8M. DÍA DA MULLER 

O 8 de marzo celebramos un día moi importante para a nosa sociedade: O DÍA DA MULLER. No cole todas as nenas e nenos levamos a cabo unha serie de actividades  para  poñer en valor a igualdade entre homes e mulleres.  Quixemos aproveitar o tema do noso proxecto de centro: "O MAR" e invitamos a FINA, unha mariscadora xa xubilada, para que nos falase sobre a súa profesión.  Así soubemos da dureza deste traballo, das ferramentas que usan, da vestimenta, e da evolución  das condicións laborais  dende tempos pasados ata hoxe. Foi ben interesante a charla e aprendemos moito, moito.



A partires de fotos que amosan diferentes momentos do traballo de mariscadora, nós na aula, fomos escribindo palabras relacionadas con esta actividade.




Entre todas as nenas e nenos do cole, confeccionamos un mural que colocamos na entrada do Centro. Nel poden verse as actividades que se fixeron nos diferentes cursos. 


Finalmente, as nenas e nenos da etapa de Infantil, confeccionamos unhas pulseiras como agasallo para todo o alumnado do Centro.  




Aquí deixamos algunha fotiña das tarefas que levamos a cabo nas aulas.











Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor