Algunhas actividades moi otoñais

 

Seguimos a participar en experiencias e propostas relacionadas coa estación do outono.

A semana pasada levamos a cabo unha "cata de froitos do outono", xunto cos compañeiros de 5 anos.

Estaba todo riquísimo! uvas, peras, noces, arándanos, caqui, maiciños, .....


Coa chegada do outono tiñamos que ambientar un pouco a clase así que nos puxemos mans á obra cun novo mural.

 Pintamos con esponxas e témpera marrón unha árbore espida e puxemos cor a follas de castiñeiro para ir enchéndo o mural. 
Ademáis tamén pegamos follas reais desta árbore.











Na actividade de arte da semana pasada, creamos cadros estampando con papel burbulla (que estaba pegado en rolos de papel hixiénoco), e coas cores do outono que consensuamos entre todos en diálogos previos: amarelo, laranxa, marrón, vermello e verde.


Completamos o noso cadro cunha foto nosa lanzando as follas do outono.




Tamén visitamos o recanto do outono da escola, que está preciosísimo cheo de moitos elementos naturais e no cal puidemos vere unhas proxeccións sobre "Naturaleza terrorífica" e "Bechos" do máis estranos.






E decoramos a nosa porta cunhas cabazas listas para asustar os que se acheguen por clase.



Ademáis na clase temos un pequeno recanto con algún elemento natural como castañas, landras, cortezas, e tamén elementos de refugallo, que "reutilizamos" para xogar e crear.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín

Máis cousiñas do Samaín!