Estreamos blogue na aula mixta de 3 e 4 anos!!

 Xa levamos ben comezado o curso e a partir de agora teremos unha nova canle a través da que mostrar algunhas das actividades que levamos a cabo.
Na nosa aula somos 12 alumnos de 3 e 4 anos e a nosa profe é Ánxela.

Temos unha foto de grupo que vos queremos mostrar, pero como acabamos de ter unha nova incorporación, en canto a teñamos actualizada a publicaremos. Non é doado coincidir todos no mesmo día pois sempre hai algunha ausencia así que tende paciencia!



Na aula nos primeiros días, fixemos algúns xogos colectivos, bailes, e actividade, exploramos os distintos recantos e zonas cos seus materiais, pintamos.... 











Nos fixemos fotos xunto cos compañeiros para un mural de benvida que pintamos e decoramos entre todos e no que aparecían tamén os nosos nomes. Nel pegamos as nosas fotos e estampamos con témperas de cores as pegadas das nosas mans.








Como estivemos traballando en torno ao conto "O polo Pepe", fixemos algunhas actividades relacionadas como pintar ao polo Pepe, pegar as letras do seu nome...





 e  tamén unha manualidade: unha marioneta.




Ademáis aprendimos unha pequena poesía que xesticulamos cos dedos:

"PÍA, PÍA, EL POLLITO,
PÍA, PÍA, PÍA.
SALTA SOBRE UNA PATITA SÓLO,
COME CON EL PICO PALOMITAS".


E marchamos todos contentos con ela para casa e seguro que conseguimos recitala!!


Vos seguiremos contando!!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor