Celebrando o día da PAZ


Para conmemorar o día da PAZ, na aula traballamos a partir do conto  "O peixe Arco da Vella" do que xa vos falamos noutra entrada, que destaca o valor de compartir e o ben que nos sentimos cando o facemos, comprobando o feliz que podemos facer a alguén con este simple xesto. 


A partir desta lectura xurdiu a proposta de "reflexionar" e "dialogar" sobre como son os nosos compañeiros/as. Características físicas e tamén persoais e en positivo.  E ademáis de observalos, describilos e debuxalos, tamén con todas esas características confeccionamos un acróstico coas palabras que os describen.


Nunha próxima entrada vos contaremos e amosaremos os diferentes acrósticos.


Ademáis, no  corredor da entrada hai un enorme mural feito pola mestra e os nenos de 6º de  Infantil.





Outro día observamos que no corazón do medio había pegadas palabras bonitas e positivas que os nenos de 5 anos pensaran e escribiran para encher ese gran corazón con moita positividade e bos sentimentos.



Nós pensamos nas palabras que nos gustaría escribir no corazón: ABRAZO, XUNTOS, XOGAR, FLOR, SOL, LUZ, PEIXE ARCO DA VELLA, AMIGO, AXUDAR, COMPARTIR.


E tamén as escribimos nun papeliño e as pegamos. Agora mirade como luce o corazón, totalmente cheo pois todos os nenos e nenas do cole colaboraron na actividade.




Ademáis decoramos unhas pulseiras pola paz, do máis coloridas e alegres para intercambialas con outros compañeiros o día da celebración.





Nese día tamén compartimos todos xuntos a canción "Manos de colores" que bailamos en roda, agarrados das mans, que eran de moitas cores, xa que trouxemos todos guantes.

Na páxina do colexio podedes ver fotos deste día.











Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor