Saída á panadería Acuña

 Antes de dar comezo ás vacacións fixemos unha saída todos os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de primaria. 


Visitamos a Panadería Acuña, que está na Avenida de Vigo. 

Aquí teñen o forno e preparan todo o que logo se vende nas distintas pastelerías e panaderías.

 Ó baixar do autobús, camiñamos un trociño ata chegar aló.




Ó chegar, Jacobo, que foi o que se encargou da visita,  repartiu gorros para todos nós e comezou ensinándoos o lugar onde gardan os sacos de fariña, de sal e tamén a levadura.



Puidemos tocar e cheirar a levadura e a algúns de nós non nos gustou moito como cheiraba.


Ensinounos como fan as empanadillas



E tamén as empanadas, e fixo el mesmo unha de atún e ovo.




Tamén descubrimos que hoxe en día xa non estiran as masas con rodillo senon que teñen unha máquina como a da foto que as estira en dous segundos.



Tamén nos mostrou como fan outros doces e pasteis, tartas.... 

E por suposto, o pan!!  A punto de meter no forno e...



recén saído....puidemos tocalo e vaia se estaba quente...

´

E por último, nunha zona da panadería nos agardaban moitas masas que individualmente puidemos  estirar, e darlle forma ó noso xeito.









Xa de despedida agasalláronnos cunha riquísima napolitana de chocolate.



Damos as grazas aos traballadores da panadería, que tan ben nos atenderon e nos fixeron desfrutar un montón!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín