VISITOUNOS UNHA BOMBEIRA FORESTAL POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Este ano, para conmemorar o Día Internacional da Muller, invitamos a unha bombeira forestal. 

Paula contounos moitas cousas sobre a súa profesión, unha profesión de valentes traballadores e traballadoras.


Tamén nos quedou claro que teñen que ter bastante forza e resistencia para poder levar enriba todo o equipo que levan cando van apagar un lume no monte. Mostrounos algunhas das súas "ferramentas"- casco con cobrenucas, botas, batelumes, gorgui, chaleco e moitas cousas máis.

Contounos todas as cousas que fai: coidar e limpar o monte, queimas controladas, apagar lumes pequenos e grandes, ensinar a moitas outras persoas e nenos e nenas o importante que é coidar a nosa contorna.  












Invitounos a visitar un día o heliporto.

De seguro que o faremos!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor