Algúns momentos da xornada

Queremos contarvos algunhas cousiñas.


Esta semana comezamos co leite nas merendas.
Cada nenos/a trouxo a súa taza e cun pouco de colacao o leite templado estaba riquísimo.




Tamén dimos comezado a sesión semana de tablets.


Estamos a traballar con xogos educativos nos que asociamos e relacinamos, observamos, discriminamos cores, formas, números....e precisamos da motricidade fina para levar a cabo algunhas actividades táctiles de arrastrar e encaixar.




Tamén vos amosamos fotos algúns momentos da xornada de traballo individual, grupal, de xogo libre e por recantos...

-Recortando palabras para asocialas logo e pegalas co debuxo correspondente.





-Decorando follas de árbores con rotuladores e témpera sólida.



-Clasificando as vogais en cinco grupos.




-Creando libremente coas regletas.




-Xogando no recanto da casiña.




-Creando libremente co material de refugallo e as castañas.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín