Entradas

Brasil

Imagen
 Hai unhas semanas apareceu na clase un novo libro. Un libro con cancións e un cd. Así descubrimos que o seguinte país polo que viaxaríamos sería BRASIL. Tamén uns contos escritos en portugués. Nesta ocasión nós tiñamos que investigar en torno á flora e a fauna deste país. vimos algunha información en videos de internet e a partir de ahí fixemos algúns traballos para logo expoñer no mural deste país. Pasados uns días fomos a expoñelo á clase de 1º e 2º de primaria.

Correlingua

Imagen
 A semana pasada participamos no correlingua. Na clase decidimos palabras que nos gustaría levar escritas no noso dorsal, e pensamos algunhas coas que nos podemos identificar ou que nos gustan: Xian....LARPEIRO Maryam...APERTA  Hugo....BEIZOS Joel....XOGUETÓN Dakota....XOANIÑA Leyre....AMIZADE Jean...CÓXEGAS  Noha...BOLBORETA  Anahí...ALOUMIÑO, Ánxela...AUXÓUXERE. Reunidos na Alameda, bailamos ó son da música, despois de facer unha pequena andaina e merendar. DENDE AQUÍ ATA ACOLÁ, GALEGO XA!!!

Excursión ao ecoparque Atalaia

Imagen
 Aquí vos deixamos algunhas fotos da excursión de fin de curso ao ecoparque ATALAIA. O alumnado de Infantil participamos en actividades relacionadas coa visita aos animais, xogos na natureza nos que nos convertimos en piratas, e prantacións. Xa despois de comer convivimos co resto de compañeiros de primaria tanto no parque de xogos como nunha pequena andaina ata o río.

Como nos gusta visitar as clases dos maiores!

Imagen
  Neste trimestre fomos visitar a compañeiros e compañeiras de primaria, por distintas razóns.  -Contarlles cousas que aprendimos sobre reciclar. Na clase fixemos contenedores, vimos videos, e aprendimos un rap sobre o lixo que cantamos en case todas as aulas. Ademáis os agasallamos cun imán no que pintamos o logo e as tres erres:  REDUCIR, RECICLAR, REUTILIZAR    Ensaiamos moito en clase, para que o rap nos saíse super ben.  -A sexto volvimos noutra ocasión a contarlles cousas sobre as comidas típicas de Marrocos.  E logo nós estivemos vendo os seus traballos sobre a fauna e flora deste país. Nos encantaron!  -En 3º e 4º estivemos contándolles sobre a moeda e a lingua en Taiwan. E eles nos falaron dos animais e prantas típicos de alí.  -O alumnado de 5º e 6º de primaria prepararon unha investigación sobre os dentes e os mellores branqueadores.  Con ela participaron en Ponteciencia en Pontevedra e algúns deles quixeron contarnos moitas destas cousas, super interesantes.                

Rematamos a investigación sobre os gatos

Imagen
  Xa hai semanas que rematamos a nosa investigación sobre os gatos. A partir dalgunha información que fomos descubrindo en videos que vimos en clase e en libros que atompamos na biblioteca, anotamos todo no noso mural informativo.  Cando xa o tivemos rematado contamos o que sabiamos aos compañeiros de infantil 1.  Tamén fixemos unhas simpáticas marionetas cuns calcetíns vellos, botóns e goma eva.  Ademáis, a profe Carla trouxo á súa gata para que a coñecéramos.