Como nos gusta visitar as clases dos maiores!

 Neste trimestre fomos visitar a compañeiros e compañeiras de primaria, por distintas razóns.

 -Contarlles cousas que aprendimos sobre reciclar. Na clase fixemos contenedores, vimos videos, e aprendimos un rap sobre o lixo que cantamos en case todas as aulas. Ademáis os agasallamos cun imán no que pintamos o logo e as tres erres:

 REDUCIR, RECICLAR, REUTILIZAR

  










Ensaiamos moito en clase, para que o rap nos saíse super ben. 




-A sexto volvimos noutra ocasión a contarlles cousas sobre as comidas típicas de Marrocos. 


E logo nós estivemos vendo os seus traballos sobre a fauna e flora deste país. Nos encantaron! 



-En 3º e 4º estivemos contándolles sobre a moeda e a lingua en Taiwan. E eles nos falaron dos animais e prantas típicos de alí. 



-O alumnado de 5º e 6º de primaria prepararon unha investigación sobre os dentes e os mellores branqueadores. 

Con ela participaron en Ponteciencia en Pontevedra e algúns deles quixeron contarnos moitas destas cousas, super interesantes. 





                                    Desexando volver ás aulas dos maiores!









Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín

Máis cousiñas do Samaín!