Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

Coñecemos algunha obra de Joan Miró

Imagen
 A través dun breve video descubrimos a este autor e tamén vimos moitas das súas obras, no ordenador. Nelas descubrimos que lle gustaba pintar animais do mar, ademáis de todo tipos de animais, e os seus ollos. Tamén a natureza e o sistema solar, os planetas, o sol, a lúa.... A partir da súa obra Serie Azul, que primeiro observamos e analizamos reflexionando sobre o que veiamos no cadro e o que nos suxería ou recordaba, cada quen fixo a súa obra inspirada nesta.  E logo ademáis engadiu elementos típicos dos cadros de Miró. E así quedaron as nosas obras. Noutra sesión levamos a cabo unha pequena transformación dunha das obras de Miró. A observamos,vimos as cores, pensamos a que nos recordaba ou semellaba, descubrimos o título e logo, cada quen volveu a crear a obra, pero a partir de pedaciños da mesma que podía pegar como quixera, creando algo totamente distino. Para finalizar, pensamos nun título.

Recollemos as cenorias e facemos un zume con elas

Imagen
 Hai meses prantamos leitugas, espinacas e cenorias. Foron crecendo  e as espinacas e leitugas traspasáronse a outros maceteiros con máis espazo. As cenorias as recolectamos nós mesmos esta mañá. Algunhas eran ben grandiñas e outras máis pequeniñas. Despois de limpalas puidemos probalas e tamén fixemos, coa axuda dunha licuadora, uns ricos zumes de mazá e cenoria. A algúns nos gustou moito o zume, a outros menos....pero pasamos un momento agradable, divertido e moi didáctico.

Preparando a nosa actuación para o festival de fin de curso

Imagen
Continuando coa temática da auga e o mar,  pintamos e decoramos un submarino como o do capitán Nemo, dunha canción de Carlos Núñez que estamos ensaiando para o festival de fin de curso. Nos intercambios coa aula de 5 anos tamén tivemos oportunidade de desfrutar dun xigante barco que crearon con bloques de poriespan. Que ben o pasamos! Ademáis, para preparar a nosa actuación do festival de despedida, estamos practicando un baile coa canción "Capitán Nemo", de Carlos Núñez. Para a nosa actuación precisamos un timón cada un ademáis dun gorro de capitán.  Aquí estamos traballando para confeccionalos. Unha vez rematados, Ánxela os pegou en cartón e os cortou cun cutter e  mirade que chulos nos quedaron!! Co noso timón e noso gorro xa estamos listos para bailar!!! Pero...aínda queda moito que ensaiar!!

Últimos experimentos

Imagen
 Nestas semanas anteriores levamos a cabo un par de experiencias, relacionadas coa auga. Por un lado, o dos m&ms que tinguen a auga de cor. Expuxemos aos demáis as nosas teorías ou hipóteses de por que sucedera e comprobamos nun video coa explicación, se eran certas. E por outro o das "pontes de cores" ou a auga que camiña, sobre a capilaridade.