Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

ESTA SEMANA EN ARTE FIXEMOS O NOSO "PEIXE ARCO DA VELLA"

Imagen
 Nesta semana desfrutamos dun conto moi especial que fala do ben que se sente un cando, coas súas accións fai que os demáis sexan un pouco máis felices.  Neste caso, o peixe Arco da Vella, sufriu unha transformación dentro del e experimentou o pracer que lle aportou compartir cos demais peixes as súas escamas de cores, tan valiosas para el. Encantounos o conto e estamos facendo algunhas propostas a partir de el. Agora vos contamos que en arte, utilizando unha botella de prástico e témperas de cores, fixemos os nosos "peixes de cores".  Pintamos con distintas cores unha botella de plástico por dentro. Cando secou, a profe as grapou na parte traseira para darlle a forma da aleta e lle pegamos os ollos.  Mirade que chulas quedaron!!  Agora as temos expostas no noso "museo" do corredor, pero estamos desexando levalas para casa, e contarlle a historia do peixe Arco da vella ás nosas familias.

CONTO PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Imagen
  A raíz de ler o conto "Pequeno azul e pequeno amarelo", como nos gustou moito, Ángela propúxonos contarllo aos nenos e nenas de 5 anos, cando os visitásemos o mércores.  Tamén lles recitamos unha breve rima xesticulada sobre o frío. E logo por suposto, sesión de baile!!! Ademáis, na clase fixemos unha sesión de arte na que utilizando auga e papel seda de cor azul e amarela, creamos unha composición nunha cartulina, observando que pasaba cando se xuntaban. Unha vez secou, quitamos os papeis e descubrimos que a cor quedara na cartolina e que ademáis cando se misturaban estas dúas cores aparecía a cor verde, igual que no conto cando se abrazaban os amigos. Como noutra sesión contamos o conto "O peixe Arcodavella", o cadro que creamos con estas cores sería un fondo perfecto para representar o mar. Pegamos algún anaquiño de papel celofán azul e uns peixes de cores ós que lles debuxamos escamas, ollos e algún incluso dentes. + Noutra sesión tamén probamos a ver a transf

MARIONETAS DAS LETRAS

Imagen
  Neste trimestre cada semana coñecemos unha nova letra do abecedario e os de 4 anos cubrimos o noso libriño das letras, con debuxos de cousas que comezan por esa letra e coa escrita libre desas palabras. Ademáis, confeccionamos un pequeno títere de pau, o que aumenta a motivación e recordamos mellor o seu nome. Co F fixemos títeres de focas e flamencos. Ademáis, aprendimos unha pequena rima xesticulada, que levamos anotada no reverso para poder recitala en casa e que nos axuden si non recordamos. Esta semana fixemos o da S, cunha serpe.  Tamén cada semana, vemos algún video curto e interesante sobre os animais dos que fixemos os títeres. Co E descubrimos cousas do elefantes, co F, das focas e co S das serpes, sobre todo as velenosas.

COMEZAMOS COAS MOCHILAS VIAXEIRAS!!

Imagen
 A semana pasada, cando subimos á biblioteca, atopámonos con algo que era para nós, xa que estaba acompañado dunha nota co nome da nosa aula. Era unha mochila chea de libros e a profe contounos que era una MOCHILA VIAXEIRA e se chamaba así porque viaxaría con cada un de nós ás nosas casas. A primeira en levala a casa foi Leyre  A ela o conto que máis lle gustou foi o de "Caramuñas". A seguinte en levar a mochila este venres foi Noha. Xa nos contará á volta cal lle gustou a ela.

NEVE E COPOS PARA A NOSA ÁRBORE

Imagen
 Nesta semana cambiamos as cintas e as bolas de cores da nosa árbore por copos de neve. Falando na asemblea sobre a nova estación, o inverno, un compañeiro deu a idea. Así que utilizamos témpera branca para pintar a neve e tamén para os copos.  Para algúns utilizamos plastilina, para facer outros témpera e tamén papeis brillantes prateados e azuis. E así nos quedou!! Agora xa parece máis invernal verdade?

COÑECENDO A "LA BELLA OTERO"

Imagen
 Esta semana coñecimos a unha muller moi interesante que era de Valga e era coñecida como "La Bella Otero". Encargáronse os compañeiros da aula de 5 anos de descubrírnola e contarnos moitas cousas. Observamos o debuxo da muller que había nun mural moi chulo que fixeron os compañeiros/as, nos fixamos en todos os detalles, cores, roupa, pelo, pulseiras, zapatos, uñas..... pensamos quen podería ser, a que se adicaría....... ata enterarnos de que era bailarina e moi coñecida nos seus tempos. Ó rematar tivemos unha sesión conxunta de baile, cos nosos compañeiros e o pasamos xenial. Xa na clase, recordamos cousas desta persoaxe, muller e da provincia de Pontevedra. A debuxamos, e tamén noutra sesión, montamos un puzzle en papel,  da súa cara e con letras móviles montamos o seu nome.

Modelamos con arxila

Imagen
 Esta semana en arte adicamos a sesión a manipular e modelar con arxila. Primeiro de todo puxemos os mandilóns, Foi estupendo ver como uns compañeiros axudaban a outros a abotoar. E listos para modelar!! Desfrutamos moito dándolle forma á arxila e finalmente fixemos uns pisapapeis nos que incrustamos  cunchas. Tamén os comezamos a pintar e pronto os levaremos para casa!