ESTA SEMANA EN ARTE FIXEMOS O NOSO "PEIXE ARCO DA VELLA"

 Nesta semana desfrutamos dun conto moi especial que fala do ben que se sente un cando, coas súas accións fai que os demáis sexan un pouco máis felices. 

Neste caso, o peixe Arco da Vella, sufriu unha transformación dentro del e experimentou o pracer que lle aportou compartir cos demais peixes as súas escamas de cores, tan valiosas para el.


Encantounos o conto e estamos facendo algunhas propostas a partir de el.


Agora vos contamos que en arte, utilizando unha botella de prástico e témperas de cores, fixemos os nosos "peixes de cores".

 Pintamos con distintas cores unha botella de plástico por dentro. Cando secou, a profe as grapou na parte traseira para darlle a forma da aleta e lle pegamos os ollos. 








Mirade que chulas quedaron!! 

Agora as temos expostas no noso "museo" do corredor, pero estamos desexando levalas para casa, e contarlle a historia do peixe Arco da vella ás nosas familias.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín