Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

Comezamos cos experimentos e a agua

Imagen
  Neste trimestre, e en relación coa temática da auga que estamos a traballar en clase, levaremos a cabo unha serie de experimentos nos que a auga ou ben é protagonista ou é partícipe en moitos deles e sen ela non sería posible realizalos. Esta semana comezamos co experimento dos "Osiños mutantes". Despois de cheirar ou probar os ingredientes que utilizaríamos (zume de limón, vinagre, sal, auga e osiños de gominola), metimos cada osiño nun vaso cun ingrediente. E levamos a cabo as nosas "hipóteses", reflexionando sobre o que sucedería cando chegásemos a clase ó día seguinte, pois Ánxela nos dixo que teríamos que esperar todo ese tempo para verigualo. GAÑOU POR GOLEADA A IDEA DE QUE OS OSIÑOS CRECERÍAN.  UN COMPAÑEIRO ESTABA CONVENCIDO DE QUE CRECERÍAN TANTO QUE CHEGARÍAN AO TEITO. Ó día sesguinte, a maioría chegamos entusiasmados por ver que sucedera cos osiños e  comprobamos abraiados, que no vaso do zume de limón e do vinagre os osiños desapareceran, xa non se veí

Estampamos con rolos de papel hixiénico

Imagen
  Para completar a nosa zona do corredor con motivos primaverais, noutra sesión de arte, estampamos con rolos de papel hixiénico. Primeiro recortamos os rolos ata a metade. Recortamos tiras ó logon de todo o rolo e as doblamos  e mollándoas en témpera de cores, ó estampalas semellaban flores. Completamos as nosas creacións con troqueles de bolboretas e flores. Quedaron uns cadros abstractos e coloridos!!

Chegou a primavera á nosa aula

Imagen
 No noso calendario dixital temos marcado o comezo da primavera. Tamén no da aula o marcamos cun icono dunha flor. Xa metidos noutra estación, desfixémonos da nosa árbore do inverno e despois de dialogar sobre como decorar ese espazo, puxémomos a traballar para logralo. Nunha sesión de arte pintáramos libremente coas témperas de cores e cando secaron, utilizamos ese fondo para pegar nel flores que pintamos con ceras. Tamén pintamos unhas flores xigantes que a profe debuxou, coas que tamén decoramos esa zona. Ademáis tamén pintamos flores coas mans para o mural da primavera do corredor no que participaron o resto de compañeiros. Noutra sesión estampamos con botellas de plástico, facendo flores coas estampacións.

Xogo dos ovos de Pascua

Imagen
A semana previa ás vacacións foi moi emocionante e con moitas e variadas actividades.  Unha delas foi a búsqueda de ovos polo patio do colexio. Da clase saímos cada un cunha metade dun ovo e tiñamos que atopar a metade que fose igualiña á nosa, non valía outra. Ademáis tamén había agochados ovos enteiros que traían agasallo, que logo se repartiron na aula. Antes, na aula, compretamos os puzzles dos ovos para ver con que metade había que emparellalos. Tamén coñecimos un xogo novo de roda, "Ovo podre", e o pasamos moi moi ben xogando todos xuntos e logo na clase recibindo o noso premio, ovos pequeniños de chocolate branco e negro!!

Saída á panadería Acuña

Imagen
 Antes de dar comezo ás vacacións fixemos unha saída todos os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de primaria.  Visitamos a Panadería Acuña, que está na Avenida de Vigo.  Aquí teñen o forno e preparan todo o que logo se vende nas distintas pastelerías e panaderías.  Ó baixar do autobús, camiñamos un trociño ata chegar aló. Ó chegar, Jacobo, que foi o que se encargou da visita,  repartiu gorros para todos nós e comezou ensinándoos o lugar onde gardan os sacos de fariña, de sal e tamén a levadura. Puidemos tocar e cheirar a levadura e a algúns de nós non nos gustou moito como cheiraba. Ensinounos como fan as empanadillas E tamén as empanadas, e fixo el mesmo unha de atún e ovo. Tamén descubrimos que hoxe en día xa non estiran as masas con rodillo senon que teñen unha máquina como a da foto que as estira en dous segundos. Tamén nos mostrou como fan outros doces e pasteis, tartas....  E por suposto, o pan!!  A punto de meter no forno e... recén saído....puidemos tocalo e vaia se estaba qu

Obradoiro de galletas cos compañeiros e compañeiras de 5 anos

Imagen
 Antes de marchar de vacacións, levamos a cabo un obradoiro de galletas.  Tamén participaron con nós os compañeiros e compañeiras de 5 anos. Despois de ler a receita todos xuntos e ver se tiñamos todos os ingredientes Lavamos as mans e nos vestimos os gorros e delantais. E comezamos os pasos da elaboración. Ir botando os distintos ingredientes. Misturalos moi moi ben ata ter unha masa consistente. Individualmente cada quen amasou o seu pedazo de masa antes de estirala e comezar a facer as gallegas coas distintas formas. Ademáis de decoralas con pintiñas de chocolate e outros adornos. E por último, había que cociñalas no forno!!